sábado, 23 de marzo de 2013

Luci, la luciérnaga

Ola a todos e todas! 
Este venres 22 de Marzo, na aula de 3 anos B tivemos unha experiencia con Luci, a "luciérnaga" do conto. E foi... XOGAR CON LANTERNAS! Agora xa non temos medo á escuridade, porque cando todo, todo, todo está escuro e é de noite, temos a Luci que nos alumea. 
Pero imos contar o que fixemos coas lanternas: 
Primeiro xogamos coas lanternas na clase a escuras:
Despois, merendamos con lanternas:
E por último, fomos buscar un tesouro a escuras pola aula de 3 A, e atopamos... OVOS DE CHOCOLATE! Nos tamén escondimos ovos de chocolate na nosa aula e viñeron os nenos e nenas de 3 A a buscalos coas súas lanternas.
O pasamos moi ben. Foi moi, moi divertido xogar con lanternas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario