jueves, 9 de mayo de 2013

VERMES DE SEDA da aula de 3B

Qué experiencia cos vermes! Para quen non o saiba, temos vermes de seda na aula. Estamos traballando con eles, observando como foron cambiando dende que naceron do ovo. Ao principio, eran moi pequeniños. Tanto, que se confundían entre os ovos e eran moi difíciles de ver. Senon o credes, aquí está a proba: Onde está o verme?
Pero claro, había que alimentalos. Así que lles demos follas de moreira para que comeran. E mira ti si medraron.
Cando por fin medraron o suficiente, puidémolos coller. Algúns de nos, non nos atrevimos, pero puidémolos observar igual, e tamén levar para casa!
Agora, co que comeron, comezaron a facer un casulo. Están envolvéndose nun fío de seda. Si, si,... o mesmo fío da tea de seda con que nos vestimos. Pero nos, non imos facer nada de teas, jeje. A nos interésanos saber que sairá do casulo: Será unha bolboreta? Será un crocodilo? Quen sabe...

No hay comentarios:

Publicar un comentario